DESTACADOS
 
PLENILUNIO (WARNER 1997)

Letras

01 O son do ar
02 Tu gitana
03 Ao-Tea-Roa
04 Río Xordo
05 Os teus ollos
06 Ronsel
07 Pola Pomte de San Xoán
08 Pandeirada das Fiandeiras de Ramelle
09 Sol de outono
10 Cantiga de Falvan
11 Romance de Bernaldino e Sabeliña
12 Galaecia

LUAR NA LUBRE

Desde o medio do ceu alumia as mulleres ermas que contan ondas na Lanzada(1). Dona da fertilidade, raiña do mar e do ventre, compasa os seus ritmos diverxentes e abre-os ao milagre da reprodución na novena onda.

Tamén en Corme(2) as fémeas case espidas buscan o ritmo do seu seo baixo a Lua, vixiadas pola Serpente Alada, ferida cunha cruz no seu lombo.

Cando as fémeas soben ao monte, a Serpente alza o seu volo levando unha Vella que Fia na Roca o fio do tempo; a sucesión de luas novas e vellas, e cada Plenilúnio, deixa ao seu paso grandes laxes que enchen de dólmenes a terra húmida, de Dombate(3) ao Hospital da Fonsagrada(4), da Faladoira ao Morrazo.

O luar fende a terra, e escoita-se un ritmo xordo de percusión profunda que é o pandeiro do amigo que xa non está. É o son do dolmen, o antigo ritmo da semente transformada na espiga do eterno campesino neolítico que todos levamos dentro.

A Serpente Alada continua a viaxe, e a Vella que Fia na Roca sementa de pedras as beiras do Gran-Mar, e debuxa a Lua nas pinturas das Antelas na Beira Alta(5), nos relevos do Gavrinis na Armórica(6), e nas gravuras de Loughcrew na Irlanda de Brugh na Bóinne(7), e cose co seu fio os confins do mundo que levan por nome Fistrra. Asi nasce a Irmandade da Pedra e a Lua nas terras húmidas unidas polo mar.

Ritmo de mar, ondas e mareas. A Lua marca o tempo, e o tempo fai-se pedra na Laxe das Rodas de Muros, e fai-se onda nos círculos de Fentáns e Cotobade(8). E o tempo cruza o mar, e os seus mistérios quedan ocultos para sempre nos Labirintos de Mogor e Hollywood.

Ritmo interminábel, água esvarando sobre a pedra. A Lua cria entón a vida vexetal sobre o dolmen e a laxe gravurada, e nasce a ruína. Pedras do monte, fogares de musgo.

E pasan luas. No Plenilúnio os homes dos castros, libada a cervexa ritual dos que se senten guerreiros do Bronce, bailan cun só pé mentres lanzan aturuxos(9) e berros secos. Máis tarde, no mesmo lugar unha moura(10) peitea os seus cabelos loiros, e unha serpente agarda os nove bicos que abrirán o grande tesouro a aquel que saiba decifrar a mensaxe da Lua no Labirinto e teña a barileza de pasar as probas sen cair no terror. Mentres, desde o alto, a Lua dedica o seu sorriso aos Sete Pitos de Ouro(11), agardando que volten ao seu lugar cósmico a beira dela.

Lua sobre a fonte, e un tolleito cura o tangaraño(12). Lua na cruz dos camiños, e unha sábia queima os cabelos de infante para afastar a meiga chuchona(13). Lua sanadora das ondas e das pedras furadas. No claro do bosque un home pecha-se nun círculo mentres pasa a Compaña(14) levada por un anxo enfermo e triste.

Ritmo de vida. Plenilúnio de Agosto para cortar a xesta e, máis tarde, en Setembro, a árbore de madeira boa na touza escura.

Ritmo de onda e de mareas, ritmo de pedra e do tempo, ritmo da vida e do bosque.

Ritmo da Lua neste Luar de Plenilúnio na Lubre(15) Atlántica.

Fóra a-iauga, veña a Lúa
polas portiñas da Cruña.


Xosé Mª Bello Diéguez
(Director do museu arqueolóxico de A Coruña).
(18-8-97)

(1) Lanzada: Praia pertencente aos concellos de Ogrobe e Sanxenxo (PONTEVEDRA), onde todos os anos se realiza o ritual das nove ondas relacionado co culto á fertilidade. ^
(2) Corme: Vila da Costa da Morte (A CORUÑA) onde perviven ritos ancestrais. ^
(3) Dombate: Parroquia da provincia da Coruña, en que esta situado o dolmen máis grande de Galiza. ^
(4) Hospital da Fonsagrada, a Faladoira e O Morrazo: Lugares das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra que posuen grandes concentracións de megalitos. ^
(5) Beira alta: Rexión portuguesa. ^
(6) Armórica: Nome antigo da Bretaña que significa “terra que entra no mar”. ^
(7) Brugh na Bóinne: A mais importante concentración de monumentos megalíticos de Irlanda. ^
(8) Muros, Fentáns, Cotobade e Mogor: Vilas da Coruña e Pontevedra. ^
(9) Aturuxo: Berro ancestral empregado na Galiza; Normalmente está relacionado coa música e a danza. ^
(10) Moura: Ser mitolóxico habitante dos antigos castros. ^
(11) Sete pitos de ouro: Lenda castrexa; algúns autores relacionan esta lenda coas Pléiades. ^
(12) Tangaraño: Enfermidade grave atribuida a un trasno maligno. ^
(13) Meiga Chuchona: Bruxa que chupa o sangue aos cativos e que acostuma a aparecer en forma de moscón. ^
(14) Compaña: Procisión de almas en pena que portan círios acesos; di-se que aquel que a ve acaba incorporando-se a ela. ^
(15) Lubre: Bosque sagrada dos celtas, que utilizaban para realizar os seus ritos ^


COLABORADORES
XAVIER FERREIRO: Percusións latinas e efeitos en temas 4, 6, 7, 10, 11 e 12.
XOSÉ ÁLVAREZ: Mandolina en temas 4 e 12.
PAULA OANES: Harpa celta en temas 2 e 9.
DANIEL CERQUEIRO: Guitarra acústica en tema 1.
MICHEL CANADA: Guitarra acústica en tema 5 e triángulo en tema 12.
FERNANDO VILLAR: Teclados en temas 1 e 3


AGRADECIMENTOS
Familia Seivane, Carlos Rodríquez Feijoo (CROF), Xosé Maria Bello, Manuel Morales, Pablo Barreiro, Emilio Españadero, Dúbi Méndez, Kiko Castro, Os Rexumeiros, Vicente Sábio, Xosé Méndez, Daniel Cerqueiro, Ana Espinosa, Paula Oanes, Pepón Goikoa, Esther Regatero,Enrique Magaz, José Luís De La Peña, Paco Perez, Oscar Claros, Xácome Santos, Xoán Nel Espósito, A Cova Fold, A Casa da Lubre, Javier Castro, Nacho Saavedra, Bier Domínguez, Moncho Boga, AA.VV. do Agra do Orzan, a todos aqueles que sempre estiveron connosco e por suposto a Mike Oldfield.

Agradecimento especial a Oscar Vinader polo seu bo facer e amizade e ás nosas familias por aturar-nos nos bons e maus momentos…


- Grabado nos estudos "Sintonía" (Madrid) durante o mes de Xullo de 1.997, por Oscar Vinader asistido por Oscar Claros excepto "O son do ar" grabado nos estudos "Dolmen" (A Coruña) por Oscar Vinader.
- Mesturado por Oscar Vinader nos estudos "Sintonia" (Madrid).
- Masterizado por Jesus Gomez nos estudos Doubletronics.
- Producido por Michel Canada excepto "O son do ar·" producido por Luar Na Lubre.
 
 DISCOS
Ao Vivo
2009
Camiños da fin da terra
2007
Saudade
2005
Hai un paraiso
2004
Espiral
2002
XV Aniversario
2001
Cabo do Mundo
1999
Plenilunio
1997
Ara Solis
1993
Beira Atlántica
1990
O Son do Ar
1988
info@luarnalubre.com
© by Abertal