DESTACADOS
 
CABO DO MUNDO (WARNER 1999)

Letras

01 Crunia Maris
02 Chove en Santiago
03 Raqueiros
04 Devanceiros
05 Nau
06 Romeiro ao lonxe
07 Canteixieire
08 Cantiga de berce
09 O trebón
10 Sereas
11 Heicho de dar
12 De ruada

Este disco está adicado ó mar e ó pintor do mar, Urbano Lugrís.

INTRODUCCIÓN
A CIDADE E O PINTOR

Esta terra sempre foi mar. Antes que os devanceiros levantasen mámoas e castros, as forzas da naturaleza labraron e puliron outeiros monumentais. Nun deles os canteiros antigos ergueron este faro lexendario para alumar a ruta dos tesouros ultramarinos. Ó abrigo do faro, torre amiga da liberdade, naceu a cidade que se foi estendendo po la lingua de area, no arrabaldo da Pescadería. E aquí, onde se espella o mar en brillantes galerías, neceu o pintor, Urbano Lugrís.

A súa vida foi pintura fantástica. Cando naceu o pintor batía o mar bravo contra o murallón do peirao, o mesmo que fora defendido do corsario polas mulleres. Con este son arrolouno súa nai en cantigas de berce. O padriño encheu o maxín do neno coas lendas dos monxes que buscaban o paraíso; o neno soubo axiña de Ero, engaiolado polo pazariño cantor ó pé da fonte, de Brandán, que surcou o océano no lombo dunha balea, de Telmo, señor do trebón, e de Amaro, que alucou o ceo por unha reganduxa. A correr polo outeiro, onde o vento zoa e asubían as sereas dos cons e das furnas, o neno fitou a pedra dos labirintos, laxe gravada que os máis vellos coñecen aínda como o Altar e onde queren ver os primeiros emigrantes. O neno subiu cedo ó faro, onde puido ollar na Marola a mar toda, abrazar o arco atlántico desde a Punta Coietelada ata as illas Sisargas e concibir outras terras. Cara a elas marchaban greas caladas de emigrantes. Dende alén mar tiveron azos para erguernos escolas e modelaren os símbolos do seu reino humilde: a academia da lingua, o himno e a bandeira que, do estandarte deste porto, en tea azul e branca, coseron para podermos cubrir os cadaleitos dos poetas.

Emigrante tamén seu pai, o vello Lugrís forxara A gaita gallega, o primeiro periódico escrito en galego en América; e de alá volveu para impulsar entre nós o teatro, para falarlles por vez primeira abertamente na súa lingua ós labregos, para compartir tertulia en íntima amizade con Eduardo Pondal, o noso bardo. Da boca deste, xa moribundo, o vello Lugrís escoitou o derradeiro salouco: "Décheme unha lingua de ferro e déixoche unha lingua de ouro".

O pintor medrou coas nousas lendas, e acadou silueta de xigante coa xograría que soñou as máis entusiastas empresas, a mesma que foi de ruada con Federico García Lorca, o poeta máis granado.O pintor peregrinou cun teatro de monicreques que facía rinchar cabalos de guerreiras doncelas, asubiar o vento e mover as ondas do mar para abrir as bocas pasmadas dos nenos.

Veu a noite escura e outra emigración, o desterro do que nunca se volve. Lugrís, náufrago, aturou con bohemia a triste realidade dos homes, bebeu o ron dos sargazos, o licor dos mortos. Nunca deixou de ser o neno das buguinas. Fíxose miniador e calígrafo de pulso firme, pintou o que nunca debemos perder. Ninguén coñecía os segredos da cidade coma el, que se mergullaba tralas portas do mar. Das tabernas do porto fixo os museos máis vivos; nos seus muros, entre bocois, estampou tódolos iconos mariños, e con outros argonautas amigos mantivo a Atlántida, a revista do mar, onde co nome de Ulises Fingal recolleu nunha onda a mitoloxía clásica e céltica toda.

Tripulou a nau que o levou na derradeira singradura a outro porto amigo, Vigo, e recolleu preto o son do mar nunha ermida. Repousa onde se albiscan as Illas Cíes, entre as ondas do xograr Martín Códax e os tesouros do Capitán Nemo. Alí van saudalo os chafarís das baleas, nun mar de saudade. Olládeo, se queredes gardar limpo o mar.


COLABORADORES
Erick Riggler: Uillean pipe
Elias Garcia: Bouzouki
Fernando Largo: Harpa céltica
Fernando Villar: Teclados e timbais
Enrique Sequero: Voz
FALTRIQUEIRA: Voces e coros - Marcos Represas: Clarinete.


AGRADECIMENTOS
Oscar Claros, José Luís Gallego, Xulio Diloy, Braulio e Paco de "Dolmen Produccións", Enrique Magaz, José Luís De La Peña, Carlos Rodriguez (CROF), Familia Maceiras, Familia Seivane, aos de Balboa e Canteixeira, ás xentes de A Cova Folk, Casa da Lubre e Cova Céltica, Alberto de Maceda, Jon Pagola, J.R.Bugliot, Nonito Pereira, Rosa Suárez, Xosé Mendez, O Bebedeiro, Mario e Belinda de A Maceira, Manuel Molares, Pepón Goikoa e como non.....Mike Oldfield.....Gracias!!!

De un modo especial:

A Oscar Vinader: Por sobrepasar o concepto de técnico e convertirse nun bó amigo.

A Sergio Cruzado: ¿Que fariamos sen tí? Sempre estás cando te precisamos. GRACIÑAS!!!

A Xulio Cuba: Apaixoado co proxecto coma nós. Gracias polo teu esforzo!!!!

A Marisa Dieguez: porque nos momentos máis duros desta andaina estivo sempre presente.

A Familia Urbano Lugrís: Por facilitarnos a consecución desta maravillosa obra.

A "Caixa Galicia" e á "Fundación Barrie de la Maza": Por cedernos as obras no seu poder e por facernos todo máis doado.

Aos "Imprescindibeis" do poema de Bertold Brecht que sempre están ahí. GRACIAS!!! .




- Este disco foi grabado nos estudos Dolmen de A Coruña, Eurosonic e El Alamo de Madrid entre os meses de Xaneiro e Abril do ano 1999. A mestura foi realizada integramente nos estudos Eurosonic. O ténico de son e mesturas foi Oscar Vinader e os asistentes foron Oscar Claros e José Luís Gallego.
- A producción correu a cargo de Bieito Romero e Oscar Vinader.
- Os arranxos son de LUAR NA LUBRE.
- Todos los temas, de Canciones del Mundo.
- Fotos: Abilio lope.
- Diseño: Sañudo/99. RaRo S.L.
- Realización: Ana Díaz.
 
 DISCOS
Ao Vivo
2009
Camiños da fin da terra
2007
Saudade
2005
Hai un paraiso
2004
Espiral
2002
XV Aniversario
2001
Cabo do Mundo
1999
Plenilunio
1997
Ara Solis
1993
Beira Atlántica
1990
O Son do Ar
1988
info@luarnalubre.com
© by Abertal