DESTACADOS
 
XV ANIVERSARIO. LO MEJOR DE L.N.L. (WARNER 2001)

Letras

01 Camariñas
02 Grial
03 Tu gitana
04 Nau
05 Terra
06 Chove en Santiago
07 Galaecia
08 O son do ar
09 A frol D´Augoa
10 Pola ponte de San Xoán
11 O trebón
12 Heicho de dar
13 Muiñeira do Miño
14 O berce do sol

Luar Na Lubre presenta o seu novo disco "LO MEJOR DE LUAR NA LUBRE. XV ANIVERSARIO", un álbum moi especial no que o grupo de A Coruña quere celebrar os seus quince anos de carreira con un traballo repleto de sorpresas.

INTRODUCCIÓN
O álbum "O Mellor de Luar Na Lubre: XV Aniversario" componse de 14 temas, incluindo tres novas composicións, versións en directo, novas mezclas, duetos, así como todos os seus grandes éxitos.

Consolidados como o grupo de folk mais importante do noso país, Luar Na Lubre tamén quixo neste novo traballo recuperar antigas composicións do grupo hoxe por hoxe difíciles de encontrar ("O Berce Do Sol" e "Muñeira do Miño"), en novas versións gravadas en directo no teatro Rosalía de Castro de A Coruña o pasado 2000.

O novo disco inclue tamén 3 composicións inéditas. "Camariñas", "Grial" e "Terra", unha mostra das novas ideas musicais do grupo, que sempre mira con optimismo ó futuro.

O álbum completase con tres colaboracións de luxo.

Pablo Milanés interpreta un dueto con Rosa Cedrón de "Tu Gitana", un dos temas emblemáticos do grupo.

Ismael Serrano presta a súa inconfundible voz a "Chove En Santiago", a canción que definitivamente consagrou a Luar Na Lubre e se convirteu nun auténtico hit-folk.

Hevia, un dos instrumentistas máis sorprendentes surxidos no noso país nos últimos anos aporta a súa maxia en "Grial", un dos novos temas do disco.

Este ano o grupo vai a dar o gran salto internacional cunha extensa xira que vai a recorrer España, Francia, Bélxica, Holanda, Chequia, Eslovaquia, Venezuela, Arxentina, Italia, San Marino, Canada e EEUU. Desde Galicia á mundo.


COLABORADORES
JOHN PARSONS: Guitarra 1, 2, 3, 5, 6.
ALFONSO MORAN: Baixo, contrabaixo 2, 5.
ELIAS GARCIA: Bouzouki 2, 5, 6.
DANIEL CERQUEIRO: Guitarra 8.
FERNANDO VILLAR: Teclados 1, 2, 5, 6 e programacións 2, 5.
MARCOS REPRESAS: Clarinete 4, 12.
FALTRIQUEIRA: Coros 4.
PAULA OANES: Arpa 3.


AGRADECIMENTOS
Graciñas a todos os que colaboráchedes e participáchedes neste fermoso proxecto que comezou hai 15 anos. Se LUAR NA LUBRE segue aquí é gracias a vos: familia, amigos, colaboradores, programadores, músicos, público...

Gracias, en especial a "ESTRELLA GALICIA", cos que nos imos embarcar nunha longa xira onde amosaremos un anaquiño do corazón de Galicia ao mundo.
 
 DISCOS
Ao Vivo
2009
Camiños da fin da terra
2007
Saudade
2005
Hai un paraiso
2004
Espiral
2002
XV Aniversario
2001
Cabo do Mundo
1999
Plenilunio
1997
Ara Solis
1993
Beira Atlántica
1990
O Son do Ar
1988
info@luarnalubre.com
© by Abertal