Luar na Lubre
Luar na Lubre - 30 Aniversario
Espiral Volver (WARNER 2002)

Espiral

ESPIRAL sae á rúa en abril do ano 2002, e convirtese así no noso séptimo álbum, cheo de canción coas que esperamos percorrer o mundo e disfrutar coa vosa compañía.

INTRODUCIÓN

Abonda isto: un anaco de lousa torpe á entrada do túmulo e unha man enrugada que traza curvas. Os seus dedos páxaro asinan a pedra e estenden sobre o camiño hipnótico o pigmento de cobre, arxila e ruda. Escribe astros Ela , a Vella, levanta a frente e arrepón o manto sobre os ombreiros, que lle vai frío.

Pintamos logo unha praia, facemos a marea respirar forte e debruzarse, borrar todo co seu ruxido, a branca escuma. Na realidade foi a nosa pupila quen se moveu dentro das pálpebras, qué máis ten. Falaría escuro o intérprete de soños e códigos antigos; estaría obrigado, en calquera caso, a imaxinar a mesma historia.

O imperio ordena puír o rastro, disolver os signos últimos de resistencia.

Pero a espiral abrira o seu ollo moito antes, desde o profundo. Como un salmón soubo remontar o bronce atlántico e foi varar á cabeceira humilde das camas labregas. Co século novo tomou a gubia e fendeu outra vez no granito, gravouse no lenzo, porque non aspira a ser eterna, senón contemporánea. Igual que a música,igual que Luar na Lubre, non pode nin debe traducirse. Ela é o seu propio sentido.

Xabier Cordal

COLABORADORES

- DONAL LUNNY - Bouzouki, bass bodhran, teclados e guitarra (1,2,3,5,9).
- NOLLAIG CASEY - Fidle (1,2,5,9).
- MAIRTIN O´CONNOR - Acordeón diatónico (1,2,3,5,9).
- JAVIER CHACON - Bombardas (5).
- FERNANDO VILLAR - Teclados (4,6)
- JAVIER TEJEDOR (Cortesía de Resistencia) - Caixa "Premier" (7,10).
- BRAIS MACEIRAS - Acordeón diatónico (8).
- ELIAS GARCIA - Bouzouki (8).
- "LUDUS TONALIS" - Voces (7).
- NANI GARCIA - Arranxos orquestais (6,10).
- ORQUESTRA SINFONICA DE BRATISLAVA dirixida por DAVID HERNANDO (6,10).
- AFONSO MORÁN - Contrabaixo (1,2,3,4,5,6,7,8,9,10).
- WAFIR S. GIBRIL - Laud (6).

AGRADECEMENTOS

Donal Lunny, Tim Martin, Martin O´Connor, Nollaig Casey, Fernando Villar, Rupert Twine, Nani Garcia, Brais Maceiras, Raquel Glez. Gamallo, Manuel Pan, Carlos Gil, Pachi Baldomir, Victor Garabana, Anxo Garcia, Gabi Alvarado, Fernán Varela, Ao Obradoiro de gaitas e percusión J.R. de Carballo, Francisco Javier Fernández López (In memoriam), Susana e Miguel, Carlos Rodríguez "CROF",Oscar Izquierdo, Oscar Claros, Oscar Vinader, José Vinader, Eduardo Ruiz, á xente dos estudos "Red Led", Xabier Cordal, Javier Vidal, Enrique Magaz, Alex Gallardo, Amando, Kiko, Bea, David, Gintonic...

En especial a Estrella Galicia cos cais imos percorrer o mundo.

E por suposto ás nosas familias e amigos de verdade.

Este C.D. foi gravado nos estudos "BRUAR" de A Coruña, sendo técnicos Eduardo Ruiz "Califa" e Xabier Ferreiro "Man", nos meses de Xaneiro e Febreiro de 2002.

As mesturas correron a cargo de Tim Martin nos estudos "PULSE" de Dublin e de "RED LED" de Madrid.

Donnal Lunny foi productor e amigo nos seguintes temas: "El derecho de vivir en paz" "Espiral" "Hai quen di" "Costa da morte" "Ara Solis".

Xabier Ferreiro e Bieito Romero foron productores do resto dos temas do disco.


Aviso legal © by Abertal