Luar na Lubre
Luar na Lubre - 30 Aniversario
Hai un paraiso Volver (WARNER 2004)

Hai un paraiso

INTRODUCIÓN

Trala emocionante experiencia irlandesa de Espiral, un disco gravado baixo os designios do mítico productor Donald Lunny, Hai un paraíso constitúe un oportuno certificado de maioría de idade. No seu ano número 18, LNL soubo producir o seu álbume máis persoal (o que equivale a dicir o máis colectivo). Concebido aínda baixo a conmoción do Prestige e toda a súa inmensa mancha de podredume, este oitavo lanzamento non oculta nin a dor nin a rebeldía, pero constituúe un esperanzado paso adiante e a asunción dun compromiso vital -acaso máis inquebrantable que nunca- coa terra dos ancestros.

A aparición de Hai un paraíso coincide cunha excelente largometraxe documental sobre o grupo, Un bosque de música, na que o cineasta Ignacio Vilar demostra de forma irrefutable a íntima relación entre a banda, a súa música e esa Galicia misteriosa, máxica e exuberante que se desparrama por costas, vales, montañas e recovecos a millares. Un bosque… gravouse a finaies do verán durante dúas intensas semanas no mosteiro ourensá de O Barco de Valdeorras e converteuse así na mellor posta a punto posible de cara á subseguinte gravación de Hai un paraíso. Con esa película, quenes se namoraran dos sons de Bieito, Rosa e os seus comprenderán aínda mellor que o miragre galego de Luar na Lubre no sería posible en ningún outro rincón do universo.

AGRADECEMENTOS

Ás nosas familias e amigos, ás xentes de Valdeorras, a Ignacio Vilar e todo o equipo de “Via Lactea Filmes”, Carlos Gil, Mario Reynoso, Juán Jose Iglesias Mato “Palau”, José Luís Vazquez, Fran Gude, Xosé Tasende, Emilio “Pando” e gaiteiros de A Fonsagrada, Obradoiro de gaitas e percusións J.R. de Carballo, Manuel Pan, Anxo García, Gabriel Alvarado, Xulio Cordeiro, Raquel Gamallo, Xabier Cordal, Eliseo Mauas, Xacome Santos, Paco ,Fabiola e xentes de boa vontade da Costa da Morte, Nicolas Noel, Philip & Elisse Remaud e xentes de Mur (Bretagne), Paul Kentie and Tjitske Broersma (Holland), Mark Ringwood (UK), Eric Sterckx (Belgique), Maurizzio Martinotti (Italy), Xosé Manuel García (USA), Jose, Susana e Ricardo (Portugal), Marta, Nuria e Asis (Spanish Cooperation, Palestine), Rania e Christina (Yabous, Palestine), Amando, Kiko, Jean, Oscar e Javier (Warner), Enrique Magaz, Carlos Jean, Alberto Arias, Sergio Delgado, Antonio Peña, Maria, Keltieg, Ismael Serrano, Alicia, Maria Jose e Jose Angel Hevia, Eric Rigler, a tódalas persoas que fixeron posibel “Espiral Tour 2002-2003” e como non a todo o personal de Gin Tonic (Sergio, Bea, Jon e Sandra)

COLABORADORES

Elias Garcia – Bouzouki.
Alfonso Morán – Contrabaixo e baixo eléctrico.
Nani García – Teclados.
Wafir Gibril – Laud arabe.
Sara Louraço Vidal – Voz “O meu país”.

Este C.D. foi gravado nos estudos BRUAR de A Coruña nos meses de Decembro de 2003 e Xaneiro de 2004 sendo técnico de son
Xabier Ferreiro “Man”. As mesturas foron feitas nos estudos “DADA” de Bruxelas por Nicolas Noel entre os días 24 e 30 de Xaneiro mentres caía a neve.

Bieito Romero e Xabier Ferreiro foron os productores artisticos deste traballo coa inestimábel colaboración de tódolos membros do grupo.

É una producción para Warner Music coordinada por Sergio Cruzado.


Aviso legal © by Abertal