02 Dun tempo para sempre

(A. Espinosa / D. Cerqueiro)

Vese voar
unha moura soidade
que vai xurdindo
baixo o solpor;

sombras que doan seu alento
seu alento
e transforman o ar
nun incerto mencer;

voces que son
as pegadas dun tempo,
eco de doces
acordes de alalás.

Cando atoparemos
druidas envoltos
nos fumes das lubres
no bosque de Emaín;

e o val enfeitizado
polas sombras que ainda emerxen
da última noite,
noite de luar.

Soños galopando
xa rachan co silencio
e o vento asubía
acordes de alalás.