11 Heicho de dar

Letra e Música: BIEITO ROMERO.

Tema composto por dúas partes. A primeira delas é unha adaptación dun tema de orixe tradicional dos chamados de andar camiño, procedente de Bembibre (Val do Dubra – A Coruña) e que amosa outra volta a riqueza da tradicional oral galega que sobrevive ata os nosos días. O segundo, cun carácter máis alegre, é unha composición propia para complementar a parte anterior.

Heicho de dar queridiña
ai Rosiña, mais ai
heicho de dar que o teño
papas de millo miúdo
ai Rosiña mais ai
feitas no pote pequeño.
Paxariño millaenco
ai rosiña, mais ai
que estás na punta do toxo
ti serás o alcaghuete
ai Rosiña, mais ai
das nenas do pelo roxo.
Coas soedades non podo
agholleta-lo xustillo
que me quedan os amores
pola feira de Verdillo
pola feira de Verdillo
pola feira de Rianxo
coas soedades non podo
agholleta-lo refaixo.