Eu coñezo a Luar na Lubre dende moi pequeniña. Meu tío Anxo poñíame música de Luar na Lubre e de Dulce Pontes mentres xogabamos na casa e a partir daí seguín a escoitarvos e desenvolvín unha bonita afección polo folk.
Hai un momento especial da miña vida que transcorreu con música vosa. Unha amiga estaba pasando un mal momento e ocorréuseme enviarlle a pista de Tú Gitana, que a min sempre me produciu sensación de benestar por ser a primeira canción vosa que escoitei. Polo visto a ela tamén lle funcionou porque estivo días agradecéndomo e contándome que se sentía súper ben con esa canción.
Tamén lembro que no instituto todos os anos tocabamos coa frauta O Son do Ar, que por certo é a única melodía para a frauta que lembro. =)
Alba Sánchez Varela