Filla da diáspora galega no Rio da Prata,
volvín á casa nos anos 90.
Miña filla maior quedou en Bos Aires.
Escoitabamos a mesma música, a vosa,
así nos comunicábamos…As festas da vila ían esmorecendo, murchaban coma o verán que fora tan efémero. Eu, facíame á idea de que o tempo era unha viaxe de ida e volta, pero a diáspora de diásporas fende o corazón de morriña interminábel. Á beira do mar, as luces podían ser as de calquera punto do planeta. Sorrían aos derradeiros fogos artificiais, que foran a ledicia dos nenos e das nenas. Eu miraba o mar coma se quixese, ou se acaso puidese, fundirme nel. Ao lonxe oíase: Tu gitana que adevinhas, que me digas pues no lo sé…
Non o sabía, pero a música dábame forza.
Do outro lado da mancha escura, do outro lado do mundo, miña filla escoitaba a mesma canción, e se cadra ao mesmo tempo.
Luz Darriba