Luar Na Lubre no Festival de Ortigueira

festivaldeortigueira.com

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volta coa que será a súa edición máis longa. Wolfstone e Luar na Lubre súmanse a #OMáisLongoDaHistoria, que terá lugar do 10 ao 17 de xullo.

Desde o comité organizador, co obxectivo de seguir apoiando e difundindo a cultura galega, contarase, unha vez máis, co icónico grupo Luar na Lubre. Os coruñeses, en activo desde 1985, volven a Ortigueira coa súa particular proposta musical, inspirada na música tradicional, principalmente na música folk europea e na  música celta.

Ao tempo, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira repite a súa aposta por un dos grupos internacionais máis queridos polo público: os escoceses Wolfstone. Con máis de tres décadas ás costas, o grupo trae de novo a Ortigueira a súa mestura de folk tradicional e rock, que deriva en directos enérxicos que farán vibrar ao público.

Ademais, a organización confirma que Tanxugueiras botará a andar #Ortigueira2022 o domingo 10 de xullo, mentres que Red Hot Chilli Pipers actuará o venres 15 e Wolfstone o sábado 16Luar na Lubre actuará o derradeiro día de #OMáisLongoDaHistoria, o domingo 17.

A organización quere agradecer as numerosísimas mostras de agarimo do público e o apoio recibido durante os últimos dous anos e espera poder ofrecer un festival inesquecible a todos/os os/as amantes da música celta!