Presentación do libro-disco XX Encrucillada na Feira do Libro da Coruña

O vindeiro luns día 7 de agosto estaremos presentando o novo traballo na Feira do Libro de A Coruña. Esperámosvos!


Luar Na Lubre XX – Encrucillada é unha obra concibida como unha celebración. Un libro/disco no que a banda pretende conmemorar dun xeito especial o seu vixésimo proxecto. A participación das distintas voces que pasaron polo grupo a través dos seus 37 anos de traxectoria, así como doutros tantos colaboradores en diferentes disciplinas artísticas, son a ratificación deste traballo que celebra un encontro simbólico de camiños que o colectivo pretendía evocar. Un momento histórico emotivo e importante a través dunha recompilación de música, relatos, fotografías e material variado para entender un pouco mellor o que significa Luar Na Lubre a través do tempo.