(Tradicional-LNL-Xabier Cordal)
Os animais foron subindo á arca ata que a terra quedou asolagada, a arca navegou e navegou ata que un bo día quedou embarrancada nun monte da actual Noia e alí Noé, a súa estirpe e todos os animais desembarcaron e celebraron unha grande festa, e así comezou todo…
Esta melodía é de orixe irlandés e coas emigracións foi a América onde foi adaptada como propia incluso variándoa con diferentes letras.
Esta é unha adaptación dunha das letras tradicionais e que ten unha posible orixe bíblica.
Os animais de dous en dous
u-ah!, u-ah!
Os animais de dous en dous
u-ah!, u-ah!
Van subindo á Arca de dous en dous
O boi, a vaca e o caracol
E soben cando chove e cando fai calor
Os animais de tres en tres
u-ah!, u-ah!
Os animais de tres en tres
u-ah!, u-ah!
Van subindo á nave de tres en tres
A garza farta e o cempés
Din adeus coa súa patiña, andando do revés
Os animais de catro en catro
u-ah!, u-ah!
Os animais de catro en catro
u-ah!, u-ah!
Van de catro en catro os animais
E o saltón saltou de máis
Quere pillalo un home que filma documentais
Os animais de cinco en cinco
u-ah!, u-ah!
Os animais de cinco en cinco
u-ah!, u-ah!
E se van marchando en procesión
O lince, a ovella e o leirón
Ao afundirse a Terra, acaba esta canción
Cando se afunda a Terra, acaba esta canción