Letra e Música: Tradicionais galegas
Arranxos: Luar na Lubre
Canto tradicional moi popular en Galicia. A versión máis coñecida é a que recuperou e gravou D. Faustino Santalices no seu traballo “La Zanfona”. Probablemente fose un cantar de cego a modo de romance. Neste caso, nós fixemos unha adaptación inspirada nas diferentes versións coñecidas.
Axeitame a polainiña
Axeitame a polaina
Axeitama diste lado
Que diste outro xa che está
As estrelas miudiñas
Son as que compoñen o tempo
Dime, dime rapaciño
Onde telo o pensamento
Púxenme a contar estrelas
E botalas nun sombreiro
Non as puiden dar contado
Ata que veu o luceiro
Ímonos daqui que é hora
Ímonos daqui que é hora
Vaise o carro das estrelas
E eu non quero durmir fora.