Letra: Xúlio Cuba Música: Tradicional inglesa Arranxos: Luar na Lubre
No cabo do mundo, como o dito popular proclama, a San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo. Os peregrinos comparten o camiño con animais, que son as almas dos que non puideron cumprir en vida a peregrinación, polo que non poden recibir maltrato ningún. Os romeiros adoitaban levar unha longa camisa branca con reberetes formando ondas e nalgúns puntos do camiño depositaban pedras que ían facendo medrar milladoiros. Arredor da ermida os veciños aínda seguen a facer os “sanandreses”, fermosa artesanía de miga de pan endurecida no forno e coloreada, con imaxes do santo na súa barca de pedra. No adro medra a herba de namorar, á que lle atribúen propiedades casamenteiras. Na canción peregrina o corvo mariño, o mascato e o lagarto das silvas -vistoso exemplar con cabeza de intensa cor azul-, neste espacio que desperta as ansias de amor e paz e a irmandade entre vivos, morota, animais, plantas e augas.
Romeiro hei de ir lonxe ao San Andrés con herbiñas de namorar, dareille a quen alén mar está o aloumiño do meu amor.
Hei de vestir a camisa de liño que ela teceo para min con herbiñas de namorar; anda o lagarto azul e souril a acaroar mapoulas bermellas, nacidas de fusís, co aloumiño do meu amor, alleo á guerra e ao seu tambor.
Morto ou vivo hei volver á terra que ela andou canda min con herbiñas de namorar; chouta o mascato polo cantil a vela-lo adro familiar, ala lonxe, na fin, co aloumiño do meu amor.
Cabo do mundo, ó pé dun aguillón doeme a guerra ruín entre herbiñas de namorar; corvo mariño voa xentil o amilladoiro a levantar e pan santo a colorir co aloumiño do meu amor.
Romeiro hei de ir lonxe ao San Andrés con herbiñas de namorar, dareille a quen alén mar está o aloumiño do meu amor.
Manage Cookie Consent
Usamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.