A primeira canción que bailan os noivos…

Chámome Yolanda e vivo en Ordes.
Non recordo cómo vos coñecin…pero gustame todo o folk galego e para min vos sodes os mellores.
Vinvos en directo en María Pita (espectaculares!!!) e na Carballeira de Zas.
O dia que me casei tiña claro qué música me ía acompañar nese dia, fixen un mix de música folk para os aperitivos, a marcha do Antigo Reino de Galiza para saida da igrexa, Carlos Núñez na entrada áo restaurante e o momento máis especial: a primeira canción que bailan os noivos….nada de vals…nos bailamos “O Son do Ar”. Foi moi especial.

Yolanda Castro