Aprendendo a tocar a gaita

Foi no ano 1996 cando me decidín a aprender a tocar a gaita.
Un compañeiro da Facultade de Dereito de Coruña, que tocaba na Banda de gaitas “Os Rexumeiros”, falárame da Asociación Tempo Novo de Elviña a ata alí achegámonos o meu mozo de entón e mais eu. Non tiñamos idea de que Bieito, o noso profesor, formaba parte de Luar na Lubre, para nos era un mestre cunha paciencia infinita que nos repetía unha e outra vez as notas da Muñeira de Lugo, de Molete ou da Polka dos Campaneiros, primeiras pezas que nos ensinou.
Un día falando con outros alumnos, enteirámonos da existencia de Luar na Lubre e rapidamente fomos mercar todos os seus traballos: O Son do Ar, Beira Atlántica e Ara Solis. Pouco tempo despois tiven a fabulosa oportunidade de escoitalos en directo no seu X Aniversario, creo que no Teatro Rosalía, unha noite especial chea de amigos e boa música. O tempo foi pasando, e a música do grupo segue a acompañarme, ahora tamén co meu marido e a miña filla.
A pequena, ós seus dous anos xa disfruta moitísimo con “Os Animais” e agora con “Outra Volta” de Solsticio. E verdaderamente emocionante vela na sua cadeira no coche dando palmas e cantando os lalalalás cun enorme sorriso.

Graciela Fernández Arrojo