Concerto baixo a choiva

Meu nome é Myriam,  e teño a sorte de coñecervos dende cativa. Meu pai era amigo de Milladoiro e na miña casa sempre soaba música celta. Crecín con vós, pero teño un recordo na memoria que fai que seades un dos grupos máis importantes da miña mocidade. Foi un verán, no ano 2000 ou 2001, nun concerto en Pontevedra. Na praza da Ferrería, no mes de agosto polas festas da Peregrina. Meus amigos non vos coñecían e fixen que vos escoitaran durante todo o mes de xullo pra que me poideran acompañar ó concerto. Recordo que chovía moito pero vós dixéchedes que tocaríades igoal. Como todo o mundo tiña paraugas meu irmán pequeno e os meus dous mellores amigos subímonos a un andamio que estaba enfronte do escenario, e alí esperamos a que comenzárades. Recordo que ó principio tapabámonos coas cazadores pero en canto subíchedes o escenario olvidámonos da choiva e comenzamos a disfrutar da vosa música. Recordo con moito agarimo que ese concerto durou maís cos normales porque dicíades que queríades recompensar a tódala xente que estaba na praza. Ese concerto uníume máis os meus amigos e o meu irmán. Non recordo moito máis das festas dese ano pero se pecho os ollos podo veros no escenario tocando e o meu peito vibra coa sensación da felicidade dese momento que sei que recordarei o resto da miña vida.

Myriam