Daniel Cerqueiro compuxo esta melodía para darlle vida a unha fermosa letra que aprendeu da súa nai. O remate é unha muiñeira tradicional chamada de Mazaricos, concello a carón da Costa da Morte.
Se queres trocar trocamos
se queres trocar troquemos
estes meus ollos gallados
polos teus que son morenos
Tes ollos e non me miras
e tes boca e non me falas
e se tes outros amores
porque non me desenganas
Tanto miras para min
tanto che debo gostare
se fora filla dun rico
non me deixabas quedare
Pasei pola túa porta
pedinche auga e non ma deche
cando pases pola miña
farei o que me fixeche
Pasei pola túa porta
mirei polo trabelo
e a ladra da túa nai
acirroume o can trabelo
Se queres que eu cho diga
eu cantando cho direi
cantando tiven amores
e cantando os olvidei