Campañas Oceanográficas

Ola amigos.

Non lembro cando vos coñecín, supoño que co Son do ar. O que si lembro son as campañas oceanográficas coa vosa música.

Lembro chorar escoitando Chove en Santiago en 2003 fronte ó deserto de Moçamedes ós poucos meses da morte da miña nai e cantaruxar as vosas cancións mentres traballaba cun mariñeiro de Sao Tomé que cantaba cancións relixiosas do seu pais. E tamén asubialas xunto a mariñeiros brasileiros no Pacífico. E tráeme lembranzas do polideportivo de Muxía cando estiven alí limpando.

E sobre todo o momento no que casei coa miña Paula o 26 de Xuño de 2010. Ó pouco de coñecernos viaxamos en furgoneta a San Andrés de Teixido e temos moi boas lembranzas, por iso escollimos a vosa canción Romeiro ao lonxe para a ceremonia.

Francisco Alexandre