De Castiñeiras a Escocia

O meu nome e Brais Novo,  de Castiñeiras, en Ribeira. Penso que coñezo a Luar na Lubre de toda a vida xa que na miña casa sempre se escoitou, recordo de pequeniño os vinilos que poñía o meu pai na casa, e cando me enseñaba a poñelos a min só.

Para min Luar na Lubre é unha representación da música cultura e historia de Galicia, e por iso me trae tantos recordos. As historias, a narración de traxedias como a do prestige en Memoria da Noite, etc…. letras que a calquera que se sinta da nosa terra faranlle caer algunha que outra bágoa.

Pra min xa era un grupo importante dende sempre, pero anos atrás por motivos de traballo tivenme que ir de Galicia para traballar no Pais Vasco, e para min como persoa «emigrada» luar na lubre e das poucas cousas que me fai sentir preto da casa. Recordo o voso concerto en Tolosa (Gipuzkoa) facia moito tempo que non ia a casa, e como non algunha que outra bágoa de emoción nos vosos concertos.

Agora estou moito mais lonxe pero a vez máis preto da casa, Escocia. Dende aqui sigovos escoitando e desexando que algún día veñades a tocar por estas terras, pero moito máis preto xa que as nosas culturas celtas son moi similares.
Brais Novo