De Santa Cristina á boda…

Coñecín Luar na Lubre durante o verán de 1999, nese fastuoso concerto na praia de Santa Cristina. Debo recoñecer que ía por The Corrs O:-).  Pero conseguichedes deixarme ben enganchada.
Desde ese día non houbo concerto voso que me pillase preto que eu deixase escapar, e espero que así siga sendo.
Momentos especiais da miña vida nos que vos estivechedes presentes dalgún xeito,  a miña boda, coa bahía de Coruña como fondo e  «Sereas» soando cando baixou ó xardín o meu home e máis «O son do Ar» cando entrei eu, moi emocionante a verdade…
Tanto o meu home coma min descubrímoslle a vosa música a un montón de amigos de fora de Galicia que se quedaron prendados coa vosa música e os entornos maravillosos nos que suelen coincidir as vosas actuacións.

Coma sempre, un 10!! Gracias polo voso traballo! O verán non é verán sen un concerto de Luar na Lubre 🙂

Ana Díaz