Ines Folgueiras

Teño que decirvos que non vos conozo moito en persoa, solo vos puiden ver unha vez e de pasada en Vic, xa fai anos.  Se non recordo mal era o ano 99, e gustoume moito a música vosa.
Teño dous CDs de Luar na Lubre, e unha peza que me encanta e  -Chove en Santiago- Son unha Galega que reside en Sabadell desde fai moitos anos, pero sempre sinto a morriña dos galegos, ainda que vaya todolos anos.  Pero cando sinto -Chove en Santiago- pónseme a piel de galiña!!! ¡¡Parece que estou vendo as pedras molladas… de Santiago, de Lugo,de Vigo… e igual de donde sexa.
Gústame a música tranquila, relaxada, pero tradicional, Celta… nunha palabra; ¡a música galega! E a vosa banda sábe darlle bon xeito.

Ines Folgueiras