Partituras


A HERBA DE NAMORAR
Tema incluído en CABO DO MUNDO con dúas partes unha baseada no tema da coral galega Cántigas da Terra «Foliada de Ruada» e outro probablemente de orixe castelán coa colaboración de «Faltriqueira»
Descargar


ANCARES
Descargar


AO-TEA-ROA
AO-TEA-ROA en maorí significa a terra da longa e branca nube. Este é un tema que nós aprendimos do grupo neocelandés de música escocesa «RUA».
Descargar


BEIRA ATLÁNTICA
Descargar


Canción de berce
Descargar


Canteixeire
Este é un tema con tres partes nas que se combinan dúas melodías tradicionais irlandesas cunha finalmente galega e foi concebido na palloza de Canteixeira, no Bierzo, cando estabamos a preparar «Cabo do Mundo».
Descargar


Cantiga de Falván
Trátase dun tema de corte tradicional, pertencente ao noso traballo Plenilunio.
Descargar


Chove en Santiago
Este é un dos seis poemas que Federico García Lorca escribiu en galego, e este en concreto co título orixinal de «Madrigal para a cibdade de Santiago», é un tributo do propio Lorca á capital de Galicia.
Descargar


Costa da Morte
A Costa da Morte da nome a esta peza formada por 3 temas tradicionais recollidos nesta zona de Galicia, sempre moi presente na música de Luar Na Lubre.
Descargar


Crunia Maris
Suite en 3 tempos (alalá, vals e carballesa) adicada á cidade e ao mar da Coruña. Do disco Cabo do Mundo.
Descargar


Devanceiros
Tema no que se pretende amosar o apego dos galegos á terra.
Descargar


Ecos do Alén
Este tema está dedicado a todos aqueles que, na súa voz, mantiveron e manteñen viva unha parte imprescindible da cultura do noso país, e que recoñecen na tradición oral un legado de valor incalculable que transmitir ás xeracións vindeiras.
Descargar


Gallaecia
Suite con varios tempos tradicionais onde amosamos a afinidade musical con Portugal.
Descargar


Heicho de dar
Unha 1ª parte baseada no tema tradicional ‘de andar camiño’, procendente de Bembibre, Val do Dubra, A Coruña, a segunda parte é propia do grupo. Do disco Cabo do Mundo.
Descargar


Memoria da noite
É un tema con letra de Xabier Cordal e música de Luar Na Lubre, onde se reflexa a carraxe através dun tema de amor pola catástrofe do Prestige no ano 2003
Descargar


Nau
Composición propia baseada na música tradicional galega onde pretendemos facer fincapé na importancia de non esquecer a propia historia para non repetir erros.
Descargar


O Trebón
Composición propia onde o vento entoa o pranto por tódolos mortos do mar. Dende Cabo do Mundo.
Descargar


Raqueiros
Tema incluído en Cabo do Mundo que nos fai pensar sobre a lenda ou a realidade dos Piratas de Terra na Costa da Morte.
Descargar


Roi Xordo
Roi Xordo foi un dos persoaxes máis importantes das segundas revoltas irmandiñas, esta é unha lembranza a ese feito protagonizado por el e polos seus homes.
Descargar


Romeiro ao lonxe
Tema tradicional irlandés moi popular en todo o mundo a través de distintas versións e esta é a nosa proposta coa letra de Xulio Cuba.
Descargar


Ronsel
Tema tradicional inspirado no ronsel que os barcos deixan cando navegan pola mar.
Descargar


Sereas
Tema inspirado nas lendas de sereas da tradición oral galega.
Descargar


Sol de outono
Tema incluído no noso traballo Plenilunio.
Descargar


Son do Ar
Tema inspirado no son que produce o ar no interior das antigas carballeiras galegas. Este tema foi versioneado por Mike Oldfield no 1996 e por isto probablemente pasou a ser un dos máis populares do grupo.
Descargar


Tu gitana
Este tema aprendémolo do mestre Zeca Afonso con música tradicional e a letra do mesmo Zeca. É unha pretendida homenaxe a esta figura da canción popular portuguesa contemporanea.
Descargar