06 Chove en Santiago

(con Ismael Serrano)
Letra: 
FEDERICO GARCIA LORCA.
Música: 
ALBERTO GAMBINO.
Publicada en CABO DO MUNDO, 1999

 

Premios de la música 2000 : «Mellor canción en galego»

Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.