08 Pandeirada das Fiandeiras de Ramelle

(Tradicional)
Arranxos: Luar Na Lubre
CANCIONES DEL MUNDO

Alá arriba naquel monte unha fiadiña hai (bis)
Quen me dera ir a ella sin o saber miña nai (bis)
Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis)

Esta noite hai unha fía e mañán unha espadela (bis)
Boteme o caldo mi madre que eu tamén quero ir a ella (bis)
Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis)

Os mariñeiros no mare arman vela arman vela (bis)
Arman vela, arman vela i eu tamén a vou armar(e) (bis)
Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis)

Desde o meio do ceu alumía as mulleres ermas que contan
ondas na Lanzada(1). Dona da fertilidade, raíña do mar e do
ventre, compasa os sous ritmos diverxentes e abre-os ao
milagre da reproducción na novena onda.

Tamén en Corme(2) as fémeas case espidas buscan o ritmo
do seu seo baixo a Lúa, vixiadas pola Serpente Alada,
ferida cunha cruz no seu lombo.

Cando as fémeas soben ao monte, a Serpente alza o seu
volo levando unha Vella que Fia na Roca o fío do tempo; a
sucesión de lúas novas e vellas, e cada Plenilunio, deixa ao
seu paso grandes laxes que enchen de dólmenes a terra
húmida, de Dombate(3) ao Hospital da Fonsagrada(4), da
Faladoira ao Morrazo.

O luar fende a terra, es escoita-se un ritmo xordo de
percusión profunda que é o pandeiro do amigo que xa non
está. É o son do dolmen, o antigo ritmo da semente
transformada na espiga do eterno campesino neolítico que
todos levamos dentro.

(1) Lanzada: Praia pertencente aos concellos de Ogrobe e Sanxenxo (PONTEVEDRA), onde todos os anos se realiza o ritual das nove ondas relacionado co culto á fertilidade.
(2) Corme: Vila da Costa da Morte (A CORUÑA) onde perviven ritos ancestrais.
(3) Dombate: Parroquia da provincia da Coruña, en que esta situado o dolmen máis grande de Galiza.
(4) Hospital da Fonsagrada, A Faladoiraq e O Morrazo: Lugares das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra que posuen grandes concentracións de megalitos.