Música: Tradicional Galega
Arranxos: Luar na Lubre
Costa escarpada de pedra granítica e paisaxes de diferentes verdes que acariñan o mar bravío. Esta é unha suite de temas tradicionais, que pretende ser unha viaxe musical que nos leve a unha das zonas máis ancestrais e auténticas de Galicia.