Letra: Federico Garcia Lorca
Música: Alberto Gambino
Arranxos: Luar na Lubre
Lorca fixo varias visitas a Galicia, percorreuna coa súa compañía de teatro «La Barraca» facendo amigos. En América soubo tamén dos galegos. Coñecedor profundo da nosa lírica esencias, dende Martín Códax a Rosalía, foi quen de deixarnos, como un moderno trobador, seis fermosas estampas, no libro «Seis poemas galegos», impreso en decembro de 1935 na editorial galega Nós, rexentada polo galeguista e alcalde de Santiago Ánxel Casal. Escritor e editor foron fusilados impunemente; os seus cadáveres apareceron o mesmo día, o 19 de agosto de 1936, a mil quilómetros de distancia nas aforas de Granada e Santiago respectivamente. Esta versión do «Madrigal á cibdá de Santiago» é o noso tributo agradecido.
Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.