Música: Bieito Romero
Arranxos: Luar na Lubre
Cando os celtas bretóns tiveron que fuxir das illas británicas por mor das presións saxonas, uns foron cara a vella Armórica que posteriormente acabaría chamándose Bretaña, e outros virían á costa norte de Galicia, onde fundaron un bispado-provincia chamado Britonia, de grande influencia no antigo Reino galaico. O bispo bretón que os comandaba chamábase Maeloc.