11 Cantiga de Falván

(Trad./L.N.L.)

Cando quero canto, canto
cando canto, canto ben(e),
non se me pon no camiño
arrodeo de ninguén(e)
Ai Amor, arrodeo de ninguén(e).

Se en Galiza traballasen
os que arrouban o diñeiro
medraría pan na artesa
e millo no cabaceiro
Ai Amor, e millo no cabaceiro.

A vida que leva o probe
e como a vida dun grilo
polo día moita fame
pola noite moito frío
Ai Amor, pola noite moito frío.

Esta noite ha de chover(e)
que leva cercado a lúa
pra uns e sinal de fame
pra outros de chea e fartura
Ai Amor, pra outros de chea e fartura.

Voa unha vella cantiga
entre as uces de Falván(e)
que me rouba o sentimento
e me traba como un can(e).
Ai Amor, e me traba como un can(e)