Letra e música: Bieito Romero
Nau imaxinaria na que navegamos, a través do mar da historia, as xentes de Galicia. Unha chamada a ser conscientes do devir dos tempos para saber preservar a nosa propia identidade como pobo.
Nau de vento, nau dos homes
que vogan na inmensidade
somos xente de Galicia
onde a terra bica o mar-e.
Ai la la, ai la la…
Nau de soños, nau de espranzas
nau de infinda veleidade
o que esquece as suas raíces
perde a súa identidade.
Ai la la, ai la la…