Luar na Lubre inicia a xira do 2023 no Teatro Principal de Ourense

 
Comezamos a nova xeira de concertos para este ano 2023 no Teatro Principal de Ourense. Así o prometemos o ano anterior e así foi. Cun teatro ateigado e entregado desfrutamos deste primeiro concerto que é unha previa do traballo número XX da nosa traxectoria de 37 anos.

Ourense é unha das nosas cidades talismán e estamos contentos de ter comezado unha nova andaina que nos levará a moitos lugares de Galicia, España e do mundo.

Mil grazas polo voso agarimo e ficade atentos ás nosas redes.
 


Luar na Lubre presenta catro temas novos no seu concerto no Teatro Principal

Fonte: https://www.laregion.es/articulo/ourense/luar-lubre-presenta-catro-temas-novos-seu-concerto-teatro-principal/202301132245411189779.html

Luar na Lubre, un dos grupos referentes na música folk internacional, empezou por Ourense a súa nova xira. Non perderon a maxia logo de  tres décadas de carreira, 19 discos publicados e máis de 1.500 concertos.