O Son Do Ar

Primeiro disco do grupo gravado con poucos medios pero que tivo a súa relevancia dentro do panorama do folk galego do momento. Nel estaba incluído o tema O SON DO AR que posteriormente gravou MIKE OLDFIELD.

COLABORADORES

XAN CERQUEIRO – Frautas traveseira, irlandesas, soprano, gaita e punteiro.
ANA ESPINOSA – Voz e teclados.
ROBERTO OURO – Baixo eléctrico e mandolina.
DANIEL CERQUEIRO – Guitarra acústica.
PATXI BERMUDEZ – Tamboril, pandeiro e bodhran.
XULIO VARELA – Pandeirete, bodhran, gaita, tarrañolas, voz e punteiro.
BIEITO ROMERO – Gaitas galegas, tin whistle, punteiro, acordeón diatónico.

AGRADECEMENTOS

O noso especial agradecemento a:

Gabriel Domínguez (polos excelentes deseños), Fito Rubinos (polo órgano) Víctor Recarei (polo seu obradoiro para os nosos ensaios), A.X. Sacarandaina (polo super-bombo), Belén Mato (polos potentes aturuxos), Quique Mirás (polas molestias ocasionadas), Sr. Graciano do grupo de gaitas “Os Barrios” de Muradelle (por ensinarnos a danza de paus), A.C. Alexandre Bóveda (por deixarnos o seu local unha tempada), Ricardo Santos (por asesorarnos musicalmente), “Irmandade Céltiga” (porque vendeu moitos discos nosos). E a toda a xente que dun xeito ou outro estivo sempre ao noso carón, grazas a eles o noso traballo foi moito máis doado.

ISTE DISCO VAI ADICADO A MEMORIA DE RAFAEL MEJUTO GARCIA, GRANDE GALEGUISTA, EX-MEMBRO DO NOSO GRUPO, FINADO O 16-9-87.

GRAVADO NOS ESTUDIOS “AULA TALLER” (A CORUÑA)
Técnico de son: X. Tasende.
Deseños e dubuxos da portada: Gabriel (Biel) Domínguez.
Producido por:  “LUAR NA LUBRE”

Lista de temas