03 Raqueiros

Música: ALBERTO GAMBINO.

Tamén chamados Piratas de Terra. Estes homes adoitaban provocar naufraxios con fin de apoderarse das mercadorías dos barcos. O seu xeito de operar era sinxelo: nas noites de temporal ceibaban gando á beira costa, con candís ou fachos prendidos nos cornos creando falsas referencias. Con estas luces en movemento os barcos mudaban o seu rumbo atopando, case sempre, as rochas do noso escarpado litoral que acababa de provocar o desastre…
¿Lenda ou realidade? O certo é que ai está