08 Cantiga de berce

Letra: FELIX OTERO.
Música: XOSE LUIS RIBAS.

Fermoso tema que aprendemos do grupo Fuxan os Ventos, que marcou unha das referencias musicais e históricas de Galicia. Esta é unha adaptación mediante a cal queremos manter en vixencia un tema que nos parece básico na nosa música.

Durme meu neno, durme
sen mais pranto,
que o tempo de chorar-e
vai pasando.
Que a terra na que vives,
non quer bágoas,
percisa homes inteiros
pra libertala.
Durme meu neno, durme
colle forzas,
que a vida que che agarda
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.

(Recitado)

Semente feita en sangue por un pobo
que xurde dende a historia, dende o sono
un sono cheo de aldraxe e miserento,
un sono de inxusticias e silencio.
Mira a lingua que falo, despreciada
por ser lingua de probes, lingua escrava,
son o orgullo que temos, lingua e probes.
So neles hai verdades e mais honores.
Durme meu neno, durme, niste colo,
que esta terra de escravos non ten odio.
Ten séculos de espranza, agardada,
que pon hoxe nos fillos que amamanta.