10. Se queres

O carro tradicional foi importantísimo nos traballos do campo. As súas rodeiras milenarias deixaron trazados camiños na pedra e os seus sons ancestrais estiveron connosco ata non hai moito tempo.

Estas son unhas estrofas recollidas na aldea de Niñodaguia, a María Copo e Xosefa Rodríguez. A música é unha creación propia dedicada a elas dúas.

Colaboracións
Nani García – ARRANXOS ORQUESTRA e TECLADOS
Irma Macías Suárez – VOZ
Miguel Rodríguez Barrio – TUBA
Pedro Pintos Rodríguez – TROMPA I
José Luis Silva García – TROMPA II
Iván Carreira González –TROMBON I
Juan José Gestal Pan – TROMBON II
Carlos Figueira Abuín – TROMBON III

Se queres que o carro cante
bótalle o eixo de bido
as treitoiras de carballo
e as cuñas de sangubiño

Se queres que o carro cante
móllalle o eixo no río
e despois de ben mollado
hache dar bon asubío

Se queres que o carro cante
como a gaita do gaiteiro,
ponlle o eixe de carballo
e as treitoiras de amieiro.