(X. Cordal – X. Cerqueiro – LNL)
Amarante chámanse varias aldeas do noso país. Nesta canción ben pode ser calquera delas ou calquera outra das que foron quedando abandonadas a causa do envellecemento e a emigración. A historia de Amarante quere falar dos futuros posíbeis e do dereito á vida digna. Amarante, tamén, é o noso idioma que por outro lado é un dos nexos máis importantes que temos con Portugal e con Brasil.
Abre a porta vella
Da casa dos seus pais, e
Tórnalle as xanelas
E lava as mans no balde
Da unha volta á aldea
Chamábase Amarante.
No amencer só quedan
O nome e a soidade.
Meu namorado vai no río
Buscando a neve.
Meu namorado vai no río
Calmar a sede.
Lembrou as trabes de ouro
De cando nena.
E ergueu as grades altas
Onde caeran.
Marcharon todos de alí,
O tempo e a terra,
Pero a palabra estaba
No seu lugar.
E lousou con laxes novas a aira
E limpou de broza as viñas,
E inventoulle outra historia a Amarante
Para contar a unha meniña.
Abre a porta vella
da casa dos seus pais, e
tórnalle as xanelas
e lava as maos no balde.
Da unha volta á aldea,
Chamábase Amarante,
Pampanos, videiras,
Obradoiros e rapaces.
Meu namorado, vira o río
E calma a sede, si.
Meu namorado, vira o río
E volta a verme.
Béixanse as fronteiras
Nas casas do arrabalde,
Cantas as xanelas
O viño e os amantes
Fálalle aos sen terra
Do dereito a ocuparen
Barrios para a vida,
Palabras para a verdade.
E asi foi que esperou polos vivos
A lenda de Amarente.
E así foi que aguantou dos camiños
Teu nome, Amarante.