(Tradicional – B. Romero – Xan Cerqueiro – LNL)
Suite formada por 3 temas: unha alborada galega, un punto cubano e unha pandeirada de novo galega para completar o que pretendemos sexa unha lembranza dos milleiros de Galeg@s que estiveron e seguen a estar en Cuba. De Cuba viñeron os nosos principias sinais de identidade: a Academia galega, a bandeira e o himno. En 1906 estreábase no teatro “Tacón” de La Habana o himno galego.