Fermosa canción aprendida de D. Serafín Pernas Pomar na aldea de Espadanedo (Xunqueira de Espadanedo), con quen compartimos unha tarde chuviosa de outubro do 2017 e de quen aprendemos moitas cantigas.
Colaboracións:
Juan A. Antepazo e Carlos Gandón ( Astarot) – VOZ
María Xosé Silvar “Ses” – VOZ
Irma Macías Suárez – VOZ
Nani García – ARRANXOS ORQUESTRABrais Maceiras – ACORDEÓN DIATÓNICO
Miguel Rodríguez Barrio – TUBA
Pedro Pintos Rodríguez – TROMPA I
José Luis Silva García – TROMPA II
Iván Carreira González –TROMBON
Juan José Gestal Pan – TROMBON II
Carlos Figueira Abuín – TROMBON III
Eu non sei que pode haber(e)
naquela casa que hai fume.
É a criada do cura
que ten a sartén ao lume.
Toca Brais, toca Brais
esa gaita con brío
ai Pascual! ese tamboreliño…
E eu non sei que poden ter(e)
para non nos mandar entrar(e)
ou ten a bronca na casa
ou non nos teñen que dar(e).
Toca Brais, toca Brais
esa gaita con brío
ai Pascual! ese tamboreliño…
Entrai e volvei saír(e)
e logo volvei entrar(e)
que chourizos, pan e viño
nunca vos han de faltar(e).
Toca Brais, toca Brais
esa gaita con brío
ai Pascual! ese tamboreliño…