19. Alento

Empezamos a preparar este traballo a mediados do mes de outubro do 2017 no mosteiro de San Pedro de Rocas. Coincidiu coa tráxica vaga de lumes que houbo no sur de Galicia. Dende onde nós estábamos apenas se vía coa cantidade de fume que había e o ar era case irrespirable. Foi algo que nos doeu na alma e quixemos lembrar aquel duro momento para todos aos que nos doe o sufrimento de Galicia.

Colaboracións:
Irma Macías Suárez – VOZ
Nani García– TECLADOS 

Letra:
Raquel González Gamallo

Sube os banzos a inxustiza
da traxedia en espiral
que o desleixo e a cobiza
sementaron de vagar.

No día irrompe a noite,
folerpas de aruma no ar,
tisnando de loito os montes
nun eterno regresar.

E outro pranto en cinza e lama
some as Rías nun solpor.
Arde ennegrecida a ialma
ao saber que fomos nós.

E outro pranto… (bis)

O bandeo dos caldeiros
fronte ao lume xunta as mans
e coas cinzas no teu pelo,
prende a espranza no mañá.

Nesta terra que fumega
nun silente agonizar
quedan aínda verdes sendas
dando alento ao respirar.

E resisten, cheas de vida,
dignidade e corazón,
coa frondosa teimosía
de saber que somos nós.

E resisten… (bis)