20. Que viva Esgos

Melodía tradicional a xeito de xota que aprendemos no lugar de Melón Baixo (Esgos). A primeira estrofa da letra está cantada tal como a recollemos, as outras están adaptadas nomeando todas as parroquias do concello.

Colaboracións:
Coral de Ruada – CORO
María Xosé Silvar “Ses” – VOZ

Melón Alto, Melón Baixo
Cernadas, Quinta e Os Arcos.

Que viva Esgos, que Esgos viva
que viva Esgos, toda a vida.

Alto do Couso, Alto do Couso
Tarreirigo, A Touza e as Meiroás.

Que viva Esgos , que Esgos viva
Que viva Esgos, toda a vida.

Virxe do Monte, Virxe do Monte
Xaravedra, Os Pensos e Pardeconde.

Que viva Esgos, que Esgos viva
Que viva Esgos, toda a vida.