Dous temas para conformar un. A melodía máis lenta titúlase “Neve na Meda”. A Meda é un alto de 1300 metros dende o cal se poden ver os Canóns do Sil. A segunda melodía con ritmo de muiñeira chámase “De Caldelas aos Peares” e con ela seguimos o transcurso pausado do río.
Colaboracións:
Nani García– TECLADOS
Brais Maceiras – ACORDEÓN DIATÓNICO

