5. Danza dos felos

O tempo do Entroido ten unha grande importancia e influencia social na comarca da Ribeira Sacra. De entre as moitas tradicións e manifestacións que existen destacan polo seu enraizamento e vistosidade a dos “Felos” de Maceda e de Esgos, que aínda co mesmo nome, tanto no traxe como na expresión tradicional son ben diferentes.

Nós quixemos facerlle unha homenaxe musical con este tema inspirado no son das súas chocas e dos seus esquilóns. A primeira parte é un pasacorredoiras que o etnomusicólogo americano Alan Lomax recolleu do gaiteiro ourensán Modesto Fraga e a segunda é unha danza composta e pensada no Entroido e nos seus sons.

Colaboracións
Nani García – ARRANXOS ORQUESTRA
Brais Maceiras – ACORDEÓN DIATÓNICO
Bieito Romero Diéguez – GAITA GALEGA
Miguel Rodríguez Barrio – TUBA
Pedro Pintos Rodríguez – TROMPA I
José Luis Silva García – TROMPA II
Bernardo Bernardo Landrove – TROMPETA I
Marcos Fernández Guzmán – TROMPETA III
ván Carreira González –TROMBON I
Juan José Gestal Pan – TROMBON II
Carlos Figueira Abuín – TROMBON III