A peregrinaxe a Galicia para visitar a tumba do Apóstolo en Compostela e continuar ata os confíns da terra é unha pingueira constante de persoas dende tempos ben antigos. A maioría vén por motivos relixiosos mais na actualidade hai quen tamén realiza este traxecto por motivacións persoais. Esta melodía é un canto de benvida e unha pequena presentación do país ao que chegan.
BENVIDO PEREGRINO AMIGO
A TERRAS DE GALICIA
FIXECHES UN LONGO CAMIÑO
E AGORA ESTÁS AQUÍ.
ESTA É A TERRA DE BREOGÁN
A DO VERDOR CINGUIDO
ONDE SE GARDA O SANTO GRIAL
E A TERRA BICA O MAR.
ONDE O MAR SE CHAMA MAIOR
E A CHOIVA É BENDITA
ONDE AS MONTAÑAS TOCAN O CEO
E HAI VIEIROS CARA O ALÉN.
ESTA É UNHA TERRA ANCESTRAL
E DE INCRIBLES HISTORIAS
ONDE O DE SUBIR OU BAIXAR
NON É BO DE EXPLICAR
NIN É BO DE ENTENDER.