Desde os primeiros tempos do Neolítico os agricultores pendentes do ceo nos seus labores agrícolas e gandeiros sabían que no estrelado ceo de Europa, sinalando na noite o Camiño que desde Oriente até Occidente realizaba durante o día o Sol, había un Camiño escrito ao que chamaban a Cabuxiña ou a Vía Láctea. O Camiño de San Andrés de Teixido e de Santiago de Compostela, ruta hoxe chamada Camiño Francés ou de Santiago, que percorren camiñando até os Finisterres Atlán ticos de Galicia os peregrinos, ten un común antepasado transitado tanto por gregos como por bárbaros chamado Camiño Heracleo en lembranza do mítico Camiño que o solar Hércules faría até Iberia e o Atlántico.
Aristóteles ofrece relevantes detalles deste Camiño do Sol, ou de Hércules, coa súa infraestrutura de protección a cargo dos propios aldeáns, apuntando incluso unha garantía penal “internacional” con severos castigos aos que aldraxasen aos peregrinos. Afirman – di o filósofo- que desde Italia até o país Celta e os Celtolígios e Iberia, hai un Camiño chamado Heracleo ou de Hércules, e si polo camiña un grego ou nativo, é protexido polos que viven preto, para que non sufra ningunha inxustiza, e que esixen o castigo contra aqueles por obra dos cales padeza a inxustiza”. Aristóteles De mirabilibus auscultationibus 85 (Ex A. Pena 2005).