Cando a escuridade cae na Quintana dos Mortos e o son grave da gran campá Berenguela estende a noite sobre as chemineas e tellados do Xerusalén occidental, alí está a sombra do pobre Leonard du Revenat, un peregrino que pena os seus pecados eternamente xunto á Porta Real. O peregrino agochado! Outra lenda fala dunha fermosa historia de amor, non podía ser doutro xeito, entre un clérigo e unha monxa de cla usura no próximo mosteiro de San Paio de Antealtares, a sombra namorada que agarda para sempre baixo as pedras antigas da Torre do Reloxo. Os peregrinos saúdan sempre con respecto á sombra que agarda na Quintana dos Mortos. Saben que é un dos seus.

