Mártiros foi un peregrino armenio que chegou a Compostela no século XV. Despois de recibir a beizón do Apóstolo Santiago seguiu camiño de Fisterra. Di a historia que no camiño atopou unha besta maligna, grande e moi daniña a que el chamou vákner. Este tema fala dese encontro e de como Mártiros zafou da besta.
MÁRTIROS O PEREGRINO
QUE VEU DENDE ARMENIA
POLOS MONTES DE DUMBRÍA
VAI CARA FISTERRA.
E NOS MONTES DE DUMBRÍA
O VÁKNER TOPOU
UNHA BESTA ARREPIANTE
DA CAL EL ZAFOU.
BESTA VÁKNER, VÁKNER MONSTRO
QUE ESTÁS EN DUMBRÍA
GRAZAS AO SEÑOR SANTIAGO
MÁRTIROS LIBROU.
…QUE CHEGOU DE ARMENIA
…VAIA CARA FISTERRA
…MONTES DE DUMBRÍA
…MÁRTIROS ZAFOU.
MÁRTIROS O PEREGRINO
QUE CHEGOU DE ARMENIA
POLOS MONTE DE DUMBRÍA
VAI CARA FISTERRA
DIN QUE VINTECINCO HOMES
CO VÁKNER NON PODEN
E NOS MONTES DE DUMBRÍA
MÁRTIROS LIBROU.
BESTA VÁKNER, VÁKNER MONSTRO
QUE ESTÁS EN DUMBRÍA
GRAZAS AO SEÑOR SANTIAGO
MÁRTIROS ZAFOU.
…QUE VEU DENDE ARMENIA
…VAI CARA FISTERRA
…MONTES DE DUMBRÍA
…MÁRTIROS LIBROU