09 A miña amiga

(Xosé Quintas Canella)

Fermosísimo tema inspirado na lírica medieval galaico-portuguesa e composto polo músico Xosé Quintas Canella, polo que sentimos unha grande admiración e respecto e ao que queremos renderlle unha pequena homenaxe coa nosa versión, que neste caso conta coa colaboración dunha das voces máis privilexiadas que escoitamos nos últimos tempos, a da malagueña Diana Navarro.

Pomba de brancas anzas
se ollas ó pé das augas
á mái belida fada
esa é a miña amada.

Pomba que voas leda
se ves na banda da ría
á máis belida frol
esa é a miña amiga.

E miña amiga,
coma as core s da mañá
feiticeira e garimosa,
coma unha noite de vran.

E miña amiga,
vimbro de xunca lanzal
arrecendente froliña,
aloumiño do luar .

Que non brile máis a lúa
nin luceiro da mañá
se miña amiga
perto de min non está.

Que sequen todas as fontes
e quede sin auga o mar
se miña amiga
perto de min non está.

Ehi vái ,véla que ben vái
miña amiga pola ría,
camiño de seu casal .

Os seus cabelos son loiros
coma as areias do mar
e as estreliñas rebrilan,
no medio do seu ollar.
Anduriña,anduriña,
se viras cabo da ría
á máis xentil e benfeita,
a millor ,a máis belida:
¡ esa é miña amiga!
¡ esa é miña amiga!