03 Mia irmana fremosa

(MUIÑEIRA DE POIO)

Esta é unha das 7 cantigas que chegaron ata nós do xoglar galego Martín Codax e que figuran no pergamiño Vindel, no cal está especificado o autor das composicións. A “Muiñeira de Poio” está recollida no cancioneiro musical de Galicia de Casto Sampedro y Folgar como a nº 315 e neste caso está interpretada coa colaboración do músico irlandés Pat Kilbride.

Mia irmâa fremosa,
treides comigo
A la igreja de Vigo,
u é o mar salido
E miraremo- las ondas.

Mia irmâa fremosa,
t reides de grado
A la igreja de Vigo,
u é o mar levado
E miraremo- las ondas.

A la igreja de Vigo,
u é o mar salido
E verrá i , mia madre ,
o meu amigo
E miraremo- las ondas

A la igreja de Vigo,
u é o mar levado
E verrá i , mia madre,
o meu amado
E miraremo- las ondas