16 Romance de Don Gaiferos

(Romance tradicional)

Guillermo X , duque de Aquitania, é probablemente o protagonista deste romance, quizais un dos máis antergos que se conservan en lingua galega. De orixe xermánica, pertence ao ciclo carolinxio, cantado polos xograres e posteriormente polos cegos, chegou ata os nosos días grazas a eles. Gaiferos de Mormaltán era o nome cabaleiresco desta personaxe que chegou en peregrinación ata Compostela onde morreu, diante do Apóstolo Santiago.

Esta é a nosa particular versión dun tema recuperado e gravado por primeira vez polo musicólogo ourensán D. Faustino Santalices, a quen lle debemos o legado de moitas cantigas por el recuperadas, así como a revitalización da zanfona, un instrumento que estudou, reconstruíu e do cal deixou a máis interesante das gravacións plasmada nun L.P. realizada no ano 1949.

I onde vai aquil romeiro,
meu romeiro a donde irá,
camiño de Compostela,
non sei se alí chegará.

Os pés leva cheos de sangue,
xa non pode máis andar,
malpocado, probe vello,
non sei se al í chegará.

Ten longas e brancas barbas,
ollos de doce mirar,
ollos gazos leonados,
verdes como a auga do mar.

-I onde ides meu romeiro,
onde querede s chegar?
Camiño de Compostela
donde teño o meu fogar.

-Compostela é miña terra,
deixeina sete anos hai,
relucinte en sete soles,
brilante como un altar.

-Cóllase a min meu velliño,
vamos xuntos camiñar,
eu son trobeiro das trobas
da Virxe de Bonaval.

– I eu chámome don Gaiferos,
Gaiferos de Mormaltán,
se agora non teño forzas,
meu Santiago mas dará.

Chegaron a Compostela,
foron á Catedral,
Ai , desta maneira falou
Gai fe ros de Mormaltán:

-Gracias meu señor Santiago,
aos vosos pés me tes xa,
si queres tirarme a vida,
pódesma señor tirar,
porque morrerei contento
nesta santa Catedral .

E o vello das brancas barbas
caíu tendido no chan,
Pechou os seus ollos verdes,
verdes como a auga do mar.

O bispo que esto oíu,
al í o mandou enterrar
E así morreu señores,
Gaiferos de Mormaltán.

Iste é un dos moitos miragres
que Santiago Apóstol fai.