12 De ruada

(A herba de namorar)
Música: MIGUEL FERNANDEZ AMOR.
Arranxos: LUAR NA LUBRE.
Letra e música: Tradicionais arranxos: FALTRIQUEIRA.

O primeiro destes temas forma parte do repertorio da prestixiosa coral coruñesa Cantigas da terra e compúxose co nome de Foliada de Ruada polo que foi primeiro gaiteiro desta agrupación no ano 1916, o mestre Manuel Fernández Amor, que tamén foi o segundo director que esta coral tivo. Orixinalmente é cantada seguindo as formas de case que todas as foliadas.

A segunda peza engaiolounos nas voces das Faltriqueira cando a escoitamos por primeira vez e decidimos incluíla neste traballo. Aínda que é de orixe astur, elas fixeron unha particular adaptación enriquecéndoa cos distintos xogos vocais.

En mi jardín hay una flor
la más bonita no tiene olor
y si lo tiene yo no lo sé
vente conmigo y te lo diré.
Bis
En mi jardín te vi correr
tu no miraste, yo te miré
y si me viste yo no lo sé
dime morena lo he de saber.
Teño unha herba de namorar
teño pensado quen á levar
na faltriqueira heicha de poñer
para namorarte a ti muller